Logotipo de Ministerio de Facenda
Imagen de la Contratación Centralizada

Acordo marco

Subministración de equipos audiovisuais

AM 12/2021
Ficha na Plataforma de Contratación do Sector Público 2021/20
Tipo de AM : Suministros

Descrición

O obxecto do contrato é a subministración de equipos audiovisuais.
Este é un acordo marco que non ten todos os seus termos definidos polo que para a adxudicación dos contratos baseados os organismos peticionarios deben convocar sempre unha segunda licitación.

Adhesión de organismos

Segundo o previsto nos artigos 228.3 e 229.3 da LCSP, poderán adherirse a este acordo marco as entidades que figuran no Anexo I do PCAP mediante a conclusión do correspondente acordo coa Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación.

Xestión do Acordo marco e dos contratos baseados no mesmo.

Para a xestión do acordo marco 21/2020, así como dos contratos baseado no mesmo utilizarase a aplicación informática AUNA.

 

Listado de artigos e prezos

Non hai listaxe de artigos porque é un acordo marco non detallado con segunda licitación obrigatoria. Os produtos que se poden adquirir a través deste acordo marco englóbanse en dous lotes:

  • Lote 1: Sistemas audiovisuais
  • Lote 2: Videocámaras e cámaras fotográficas portátiles

Quedan fóra do ámbito deste acordo marco os contratos para a subministración dos bens indicados cuxo valor estimado sexa igual ou inferior a 5.000,00 euros, excluído IVE.

Adxudicatarios

Consulta as empresas adxudicatarias deste acordo marco no buscador do catálogo.

Neste caso non é posible ver artigos adxudicados porque se trata dun acordo marco non detallado con segunda licitación obrigatoria.

Duración

A duración inicial deste acordo marco é de 2 anos, desde o 1 de maio 2023 para todos os lotes. O acordo marco poderá ser prorrogado unha ou varias veces antes da finalización do mesmo, ata un máximo de dous anos.

Con data do 17 de xaneiro de 2025 acordouse a prórroga do Acordo Marco ata o 30 de abril de 2026, ou ata a data anterior á entrada en vigor dun novo acordo marco de subministro de equipos audiovisuais se esta fose anterior.

Gerente AM

Subdirección General de Contratación Centralizada de Servicios y Suministros de carácter Operativo

Contacto

Email: amaudiovisuales@hacienda.gob.es

Resolvemos as túas dúbidas