O 30 de xullo de 2025 comunícase que quedou extinguido o Lote 4 – Butacas para salóns de actos do Acordo Marco para o subministramento de mobiliario de despacho e complementario, de arquivo, de bibliotecas, mamparas, clínico e xeriátrico e de laboratorio 01/2019, unha vez acadado o seu valor máximo estimado. As contratacións dos bens incluídos no Lote 4 deberán realizarse fóra do sistema de contratación centralizada, conforme ás normas xerais de competencia e procedemento.
Prema aquí para ver máis información
Adxúntase unha autorización xeral para a licitación de contratos do Lote 4, fóra do sistema de contratación centralizada, ata que entre en vigor o novo Acordo Marco de Moblaxe, que actualmente se atopa en fase de licitación.
Prema aquí para ver máis información
Co fin de evitar que se inicien novos expedientes de contratación, procédese a suspender na ferramenta AUNA o Lote 4 “Butacas para salóns de actos” do Acordo Marco 01/2019.
Preme aquí para ver máis informaciónCo fin de evitar que se inicien novos expedientes de contratación, procédese a suspender na ferramenta AUNA o Lote 2 “Mobles de oficina xeral” do Acordo Marco 01/2019.
Preme aquí para ver máis informaciónO 27 de xuño de 2025 comunícase que quedou extinguido o Lote 1 – Despachos de dirección e mesas de estrado do Acordo Marco para o subministro de mobiliario de despacho e complementario, de arquivo, de bibliotecas, mamparas, clínico e xeriátrico e de laboratorio 01/2019, unha vez alcanzado o seu valor máximo estimado. As contratacións dos bens incluídos no Lote 1 deberán facerse á marxe do sistema de contratación centralizada, conforme ás normas xerais de competencia e procedemento.
Prema aquí para ver máis información