Razóns para adherirte

O sistema de contratación centralizada estatal está aberto á adhesión das Comunidades Autónomas e Entidades Locais, así como dos organismos autónomos e entes públicos dependentes das mesmas. Así mesmo, poderán adherirse as sociedades, fundacións e o resto de entes, organismos e entidades do sector público (art. 229.3 da LCSP).

A centralización da contratación xera aforros que se derivan do aumento da concorrencia como consecuencia das maiores expectativas de vendas dos licitadores e das economías de escala xurdidas da agregación da demanda. Ademais, os aforros derivados da contratación centralizada, ao responder a melloras de eficiencia, non afectan á calidade da prestación.

Pero non só se producen aforros de natureza económica, senón que tamén se xeran “outros tipos de aforros” que resultan igualmente relevantes, como os derivados da redución de trámites e cargas administrativas. As entidades que participan no Sistema Estatal de Contratación Centralizada ven reducida, ostensiblemente, a carga derivada da tramitación dos seus contratos, así como os prazo de tramitación.

Do mesmo xeito, as empresas interesadas na prestación dun servizo ou subministro ven simplificada a súa participación nas licitacións.