O acordo marco 18/2021 para a subministración de vehículos comerciais lixeiros, que substitúe o acordo marco 18/2016 finalizado o 31 de decembro de 2021, atópase nun proceso de adxudicación avanzado, estando prevista a súa entrada en vigor nas próximas semanas.
Con motivo da entrada en vigor do REGULAMENTO DELEGADO (UE) 2021/1952 DA COMISIÓN do 10 de novembro de 2021 que modifica a Directiva 2014/24/UE do Parlamento Europeo, con relación aos límites de aplicación nos procedementos de adxudicación de contratos públicos de obras, subministracións e servizos e os concursos de proxectos, a partir do 1 de xaneiro de 2022 deberá entenderse que a cifra de 139 000 euros dos artigos 21.1.a) e 22.1.a) da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público (LCSP) e os equivalentes do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP) substitúese pola de 140 000 euros. Esta modificación ten incidencia en tódolos acordos marco nos que os procedementos de licitación e adxudicación de contratos baseados dependen do importe SARA. Nos acordos marco do Sistema Estatal de Contratación Centralizada que se rexen pola LCSP, substitúese a cifra de 214 000 euros dos artigos 21.1.b) e 22.1.b) polo novo límite de 215 000 euros como o límite que aplicarán as entidades adheridas como órgano de contratación dos contratos baseados e específicos.
O vindeiro día 20 de decembro de 2021 entrará en vigor o Lote 1 “Despachos de dirección e mesas de estrado”, Lote 2 “Mobles de oficina xeral” e Lote 5 “Andeis” do AM 01/02019, para a subministración de mobiliario. DURACIÓN: A duración dos Lotes 1, 2 e 5 deste acordo marco é de 24 meses, desde o 20/12/2021 ata o 19/12/2023. O inicio do resto dos lotes comunicarase tamén a través do portal. Para calquera dúbida ou aclaración, pódese contactar a través da conta de correo electrónico mobiliario.centralizado@hacienda.gob.es
Preme aquí para ver máis informaciónO vindeiro día 1 de xaneiro de 2022 entrará en vigor o Lote 3 “Cadeirado” do AM 01/02019, para a subministración de mobiliario. DURACIÓN: A duración do Lote 3 deste acordo marco é de 24 meses, desde o 01/01/2022 ata o 31/12/2023. O inicio do resto dos lotes comunicarase tamén a través do portal. Para calquera dúbida ou aclaración, pódese contactar a través da conta de correo electrónico mobiliario.centralizado@hacienda.gob.es
Preme aquí para ver máis informaciónO día 5 de decembro de 2021 publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación do novo AM para a subministración de papel de equipos de impresión, fotocopiadoras, copiadoras e multicopiadoras (AM 20/2021). Expediente 2021/33. O prazo de presentación de ofertas finaliza o 28 de decembro de 2021 ás 14:00 horas.
Preme aquí para ver máis informaciónPúxose a disposición a aplicación Autorizex de presentación de solicitudes de autorizacións de excepción para organismos do ámbito subxectivo obrigatorio na ligazón https://app.serviciosinternos.hacienda.gob.es/AutorizEX/.
Preme aquí para ver máis informaciónPara os efectos do peche do exercicio 2021, infórmase de que os documentos de licitación e as propostas de adxudicación de contratos baseados, cando estes contratos se executen ou comecen a súa execución neste exercicio, deberán axustarse aos seguintes prazos indicados no seguinte documento.
Preme aquí para ver máis informaciónImplementouse un cambio en Conecta que permite rexistrar nas propostas de adxudicación con financiamento europeo a información necesaria para o seguimento dos proxectos financiados a través do Plan de Recuperación, Resiliencia e Transformación da UE.
Preme aquí para ver máis informaciónO vindeiro día 1 de novembro de 2021 entrará en vigor o Lote 7 “Mobiliario técnico de laboratorio” do Acordo Marco 01/02019, para a subministración de mobiliario.
Preme aquí para ver máis informaciónPor traballos de mantemento, a aplicación Conecta-Centralización non estará dispoñible desde o xoves, 14 de outubro de 2021 ás 15:00, ata o venres, 15 de outubro ás 8:00. Rogamos desculpen as molestias.