Logotipo de Ministerio de Facenda
Imagen de la Contratación Centralizada

Histórico Novidades

  • AVISO IMPORTANTE. O día 2 de XANEIRO de 2025 publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación do novo Acordo Marco para o "SUMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA (AM 23/2024)" Expte 2024/77.
    13/01/2025

    O día 2 de XANEIRO de 2025 publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación do novo Acordo Marco para o "SUMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA (AM 23/2024)" Expte 2024/77, rematando o prazo de presentación de ofertas o 11/02/2025 ás 14:00. Toda a información relativa á citada licitación pódese consultar no seguinte enlace:

    Preme aquí para ver máis información
  • AVISO IMPORTANTE SOBRE A TRANSFERENCIA DA XESTIÓN DE ACORDOS MARCO E SISTEMAS DINÁMICOS DE ADQUISICIÓN DESDE CONECTA-CENTRALIZACIÓN Á APLICACIÓN AUNA
    16/12/2024

    A partir do 13 de xaneiro de 2025, a tramitación de novas propostas de adxudicación dos acordos marco 01/2019, 08/2021 e do sistema dinámico de adquisición 26/2021 realizarase en AUNA.

    Preme aquí para ver máis información
  • AVISO IMPORTANTE SOBRE A LICITACIÓN DO NOVO ACORDO MARCO 01/2024 DE SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO
    28/11/2024

    O día 27 de novembro de 2024 publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación do novo Acordo Marco para a “SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO DE DESPACHO E COMPLEMENTARIO, DE ARQUIVO, DE BIBLIOTECAS, MAMPARAS, CLÍNICO E XERIÁTRICO E DE LABORATORIO (AM 01/2024)” Expte 2024/51, rematando o prazo de presentación de ofertas o 21/01/2025 ás 14:00. Toda a información relativa a dita licitación pode consultarse na seguinte ligazón:

    Preme aquí para ver máis información
  • PECHE DO EXERCICIO 2024 DA TRAMITACIÓN DE CONTRATOS BASEADOS EN ACORDOS MARCO E DE CONTRATOS ESPECÍFICOS ADXUDICADOS NO MARCO DUN SISTEMA DINÁMICO DE ADQUISICIÓN DA CENTRAL DE CONTRATACIÓN DO ESTADO.
    20/11/2024

    Para os efectos de peche do exercicio 2024, infórmase de que os documentos de licitación ou invitación e as propostas de adxudicación de contratos baseados e contratos específicos, cando ditos contratos se executen ou inicien a súa execución no presente exercicio, deberán axustarse aos prazos indicados no seguinte documento.

    Preme aquí para ver máis información
  • Acordo Marco 02/2020: Novos valores CPU Average Performance Benchmark
    08/11/2024

    Publicáronse os novos valores de CPU Average Performance Benchmark, que se poden atopar na nota adxunta. Tamén se actualiza a ferramenta de axuda. A súa aplicación terá lugar nas licitacións e procedementos que se inicien a partir do 11 de novembro de 2024.

    Preme aquí para ver máis información
  • Prórroga dos Lotes 1, 2 e 3 do Acordo Marco 01/2019, para o subministro de mobiliario de despacho e complementario, de arquivo, de bibliotecas, mamparas, clínico e xeriátrico e de laboratorio
    29/10/2024

    O 28 de outubro de 2024 ditouse resolución pola que se acorda prorrogar os lotes 1, 2 e 3 do Acordo Marco 01/2019, para o subministro de mobiliario de despacho e complementario, de arquivo, de bibliotecas, mamparas, clínico e xeriátrico e de laboratorio, desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de xullo de 2025 para os Lotes 1, 2 e 3. Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar a través do seguinte enderezo de correo electrónico mobiliario.centralizado@hacienda.gob.es

    Preme aquí para ver máis información
  • Entrada en vigor do lote 3 do Acordo Marco 05/2023 de subministración de impresoras, equipos multifuncionais e escáneres
    03/10/2024

    O 10 de outubro de 2024 entrará en vigor o lote 3 do novo Acordo Marco 05/2023 para a contratación do subministro de impresoras, equipos multifuncionais e escáneres (Expte. 2023/25). Para a xestión do acordo marco, así como dos contratos baseados no mesmo, utilizarase a aplicación informática AUNA.

    Preme aquí para ver máis información
  • A efectos de facilitar a planificación dos organismos destinatarios, comunícase que se prevé a continuidade da prórroga dos lotes 1, 2, 4, 5, 6, 8, 9, 11 e 12 do Acordo Marco 02/2020 ata o 31 de decembro de 2024.
    03/10/2024

    A efectos de facilitar a planificación dos organismos destinatarios, comunícase que se prevé a continuidade da prórroga dos lotes 1, 2, 4, 5, 6, 8, 9, 11 e 12 do Acordo Marco 02/2020 ata o 31 de decembro de 2024. A entrada en vigor do novo Acordo Marco 02/2023 non se prevé antes do mes de xaneiro de 2025.

  • Novo contrato centralizado de servizos postais de carta certificada e ordinaria, envíos publicitarios e franqueo en destino
    01/10/2024

    O vindeiro 1 de decembro de 2024 comezará o novo contrato centralizado de servizos postais de carta certificada e ordinaria, envíos publicitarios e franqueo en destino, para a Administración Xeral do Estado, os seus Organismos autónomos, Entidades xestoras e Servizos comúns da Seguridade Social e demais Entidades públicas estatais, expediente 2024/15.

  • Entrada en vigor do lote 4 do Acordo Marco 05/2023 de subministración de impresoras, equipos multifuncionais e escáneres
    23/09/2024

    O 24 de setembro de 2024 entrará en vigor o lote 4 do novo Acordo Marco 05/2023 para a contratación do subministro de impresoras, equipos multifuncionais e escáneres (Expediente 2023/25). Para a xestión do acordo marco, así como dos contratos baseados no mesmo, utilizarase a aplicación informática AUNA.

    Preme aquí para ver máis información