O obxecto do contrato é a prestación do servizo de avaliación ex post da eficiencia das campañas de publicidade institucional da Administración Xeral do Estado (AGE) e outras entidades do sector público estatal, incluídas no ámbito da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de Publicidade e Comunicación Institucional.
As prestacións incluídas son as seguintes:
Avaliación de campañas de publicidade institucional.
Preparación de medios técnicos necesarios para levar a cabo o estudo post test, conforme á metodoloxía acordada.
Execución do estudo post test.
Elaboración dun informe de avaliación de cada campaña institucional.
Este contrato será de aplicación a campañas de publicidade institucional recollidas nos Plans anuais de publicidade e comunicación institucional dos anos 2018, 2019 e, en caso de prórroga, 2020, así como a todas aquelas campañas que, sen estar previstas en ditos plans anuais, deben realizarse de maneira excepcional por motivos imprevistos, conforme ao disposto na Lei 29/2005, de 29 de decembro, de Publicidade e Comunicación Institucional e no Real Decreto 947/2006, de 28 de agosto, polo que se regula a Comisión de publicidade e comunicación institucional e a elaboración do Plan anual de publicidade e comunicación da AGE.
Quedan excluídas do ámbito de aplicación deste contrato as campañas de publicidade institucional que se detallan na cláusula I "Obxecto do contrato" do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares.
Lote | Adxudicatario | Orzamento licitación ** | Importe de adxudicación ** | Entrada en vigor | Finalización | Prazo de execución |
---|---|---|---|---|---|---|
Lote único | MERKA STAR | 518.000 € | 518.000 € | 20/06/2018 | 31/03/2020 | 24 meses |
* O valor estimado é o valor do contrato sen IVE nin outros impostos, pero incluíndo prórrogas e posibles modificacións do contrato.
** O orzamento de licitación e o importe de adxudicación inclúen IVE e outros impostos pero non inclúen prórrogas nin posibles modificacións do contrato.
O contrato tiña unha duración inicial de 24 meses, dende o día 1 de agosto de 2021 ata o día 31 de xullo de 2023. Actualmente está prorrogado ata o 31 de xullo de 2025.
Subdirección General de Gestión Presupuestaria y Asuntos Generales
Email: ampublicidad@hacienda.gob.es