No contrato centralizado intégranse, nun único expediente, as prestacións para varios ministerios e organismos. A diferenza do acordo marco ou o sistema dinámico de adquisición, no contrato centralizado concrétanse as prestacións que a empresa está obrigada a realizar, e determínase o importe do contrato e o seu financiamento.
Estes contratos impútanse ao programa 923R contratación centralizada na Sección 10 do Ministerio de Facenda, crédito que é xestionado pola DGRCC. Exceptúase deste sistema de financiamento ás Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social, cuxos gastos se imputan aos orzamentos da Seguridade Social.
Este modelo de contratación, respecto ao acordo marco ou sistema dinámico de adquisición, permite unha maior homoxeneización nos niveis de prestación requiridos nos distintos ministerios e organismos, xa que, a determinación de necesidades realízase nos pregos de condicións do contrato, elaborado pola DGRCC. Para a preparación deste documento, a DGRCC realiza unha análise cualitativa e cuantitativa das necesidades das entidades e organismos incluídos no ámbito do contrato.
O procedemento de xestión económico-orzamentaria consiste na xestión centralizada, por parte da DGRCC, dos mencionados créditos orzamentarios ata a fase de compromiso do gasto, con xestión descentralizada da fase de recoñecemento da obriga e proposta de pago polos responsables designados en cada departamento ou organismo.
O control efectivo da prestación do servizo corresponde aos distintos centros xestores, que son quen realizan o seguimento da súa correcta execución e quen certifican a conformidade co mesmo e ordenan o pago das facturas.
As únicas excepcións constitúenas o contrato centralizado de servizo de axencia de viaxes, que se financia con cargo aos créditos dos destinatarios destes servizos, e o contrato de avaliación ex post da eficacia das campañas de publicidade institucional, cuxa xestión non foi descentralizada na fase de recoñecemento da obriga e proposta de pago.