O presente acordo marco ten por obxecto a subministración de sistemas e elementos de seguridade declarados de contratación centralizada conforme ao disposto no artigo 1, apartados f), j), k) e l) da Orde EHA/1049/2008, do 10 de abril, de declaración de bens e servizos de contratación centralizada.
Este acordo marco, como sistema de racionalización técnica, comprenderá a determinación dos produtos adxudicados ou empresas seleccionadas, en función do lote, así como as condicións xerais das subministracións e termos básicos aos que haberán de axustarse os contratos baseados no acordo marco.
Lotes:
O obxecto do acordo marco desagrégase nos seguintes lotes, atendendo ás distintas tipoloxías de elementos e sistemas de seguridade:
Lotes con non todos os termos estabelecidos – Sistemas de seguridade:
Lote 1: Sistemas de control de accesos e presenza, circuíto pechado de televisión e contra intrusión e anti furto.
Lote 2: Sistemas automáticos de detección e extinción de incendios.
Lote 3: Sistemas de alimentación eléctrica ininterrompida.
Lotes con todos os termos establecidos- Elementos de seguridade:
• Lote 4: Equipos de inspección por raios X.
• Lote 5: Arcos detectores de metais e detectores de metais portátiles.
• Lote 6: Caixas fortes autónomas, armarios de seguridade, armarios ignífugos e armeiros.
• Lote 7: Equipos de extinción de incendios.
• Lote 8: Destrutoras de documentos en soporte papel.
Consulta os elementos e sistemas de seguridade adxudicados.
Consulta as empresas adxudicatarias deste acordo marco no buscador do catálogo.
O prazo de vixencia do acordo marco será de dous anos, desde o 28/11/2022.
O acordo marco poderá ser prorrogado unha ou varias veces antes da finalización do mesmo, ata un máximo de dous anos. A prórroga será obrigatoria para o contratista cando fose preavisado con dous meses de antelación á finalización da vixencia do acordo marco. En caso contrario, a adopción do acordo de prórroga requirirá conformidade do contratista con carácter previo. En ningún caso poderá producirse a prórroga polo consentimento tácito das partes.
A duración total do acordo marco, incluídas prórrogas, non poderá exceder de catro anos.
Subdirección General de Contratación Centralizada de Tecnologías