O obxecto do acordo marco é a subministración de servidores, sistemas de almacenamento, software de infraestrutura, solucións híbridas e os elementos complementarios de cada unha desas categorías, así como a instalación avanzada e o soporte e mantemento deses produtos.
O obxecto do acordo marco divídese nos seguintes lotes:
Lote 1 - SERVIDORES. Subministración de servidores de propósito xeral en calquera formato (torre, «blade», enracable ou outros) e/ou os seus elementos complementarios que permitan obter diversas configuracións dos mesmos en función das necesidades de cada organismo interesado.
Lote 2 - SISTEMAS DE ALMACENAMENTO. Subministración de sistemas de almacenamento e os seus compoñentes, é dicir, produtos de hardware e software que permitan realizar as funcións de almacenamento dixital masivo da información, os equipos que realizan funcións de interconexión e conmutación das redes de almacenamento, así como os elementos complementarios a todos os sistemas, equipos ou compoñentes anteriores.
LOTE 3 - SOFTWARE DE INFRAESTRUTURA. Subministración de licencias de software de infraestrutura, nos termos definidos no prego de prescricións técnicas.
LOTE 4 - SOLUCIÓNS HÍBRIDAS E INTEGRADORAS. Subministración de solucións híbridas, entendidas como sistemas con capacidades de procesamento e almacenamento.
A adxudicación dos contratos baseados efectuarase convocando as partes a unha nova licitación na que se tomarán como base os termos do acordo marco, formulándoos de xeito máis preciso, de conformidade co procedemento previsto nos apartados 5 e 6 do artigo 221 da LCSP.
Consulta os servidores e sistemas de almacenamento adxudicados.
Consulta as empresas adxudicatarias deste acordo marco no buscador do catálogo.
Este acordo marco comezou a súa vixencia o 11 de febreiro de 2020 e tras a prórroga acordada coas empresas adxudicatarias que prestaron a súa conformidade, estará vixente nos seus lotes 1 e 2 ata o 28 de febreiro de 2023.
Os Lotes 3 e 4 perden a súa vixencia o 1 de xullo de 2022. O Lote 2 perde a súa vixencia o 28 de febreiro de 2023. O lote 1 se prórroga ata o 31 de maio de 2023.
Subdirección General de Contratación Centralizada de Tecnologías