Logotipo de Ministerio de Facenda
Imagen de la Contratación Centralizada

Acordo marco

Subministración de enerxía eléctrica

AM 23/2017
Ficha na Plataforma de Contratación do Sector Público 72/17
Tipo de AM : Suministros

Descrición

O obxecto do acordo marco é a subministración de electricidade para todas as categorías de peaxes de acceso de alta e baixa tensión, agás a 6.4 e 6.5

Estrutúrase nos seguintes lotes:

  • Lote 1: Península, para contratos baseados de consumo igual ou superior a 1.000.000 kWh.

  • Lote 2: Península, para contratos baseados de consumo inferior a 1.000.000 kWh.

  • Lote 3: Illas Baleares.

  • Lote 4: Illas Canarias.

  • Lote 5: Cidade Autónoma de Ceuta.

  • Lote 6: Cidade Autónoma de Melilla.

As características de calidade e garantía da subministración son as establecidas na normativa do sector eléctrico.

Os organismos peticionarios contratarán as súas subministracións creando, para os lotes correspondentes, contratos baseados a través de segundas licitacións nas que aportarán ás empresas adxudicatarias do acordo marco os datos dos puntos de subministración para os que se solicita oferta e a súa estimación de consumo eléctrico por períodos. As empresas adxudicatarias do acordo marco presentarán a súa oferta de prezos, que non poderá exceder os limiares establecidos no acordo marco.

Listado de artigos e prezos

Adxudicatarios

Consulta as empresas adxudicatarias deste acordo marco no buscador do catálogo.

​Neste caso non poderás ver artigos adxudicados porque trátase dun acordo marco non detallado con segunda licitación obrigatoria.

(*) A empresa ENDESA non subscribiu a prórroga no Lote 5.

Duración

A duración deste acordo marco é de 2 anos desde o seu inicio, o 15 de agosto de 2018.

Foi obxecto de prórroga por un período de duración de dous anos máis, de forma que finalizará o 14 de agosto de 2022. As empresas adxudicatarias subscribiron a prórroga en todos os Lotes, agás Endesa, que non subscribiu a prórroga no Lote 5.