O presente Sistema Dinámico de Adquisición ten por obxecto a subministración de equipos de comunicacións, servidores e sistemas de almacenamento.
Mediante o Sistema Dinámico de Adquisición, SDA 24/2022, selecciónanse as empresas que ofrezan equipos estándar de mercado que respondan as categorías de comunicacións, servidores e sistemas de almacenamento, así como elementos complementarios de cada unha desas categorías, e que dispoñan de capacidade para para executar os contratos de subministración de equipamentos e realizar a instalación e configuración avanzada e o soporte e mantemento dos este produtos.
O obxecto do Sistema Dinámico de Adquisición desagrégase nos seguintes lotes:
• Lote 1: Equipos de comunicacións.
• Lote 2: Servidores e sistemas de almacenamento.
Consulta as empresas adxudicatarias deste sistema dinámico de adquisición no buscador do catálogo.
O prazo inicial de duración do sistema dinámico de adquisición será de dous anos desde a súa vixencia, que comezou o 17 de novembro de 2022 e finaliza o 5 de marzo de 2025.
O sistema dinámico poderá ser prorrogado unha ou varias veces antes da finalización do mesmo, por un prazo de tres anos.
A duración total do sistema dinámico, incluídas as prórrogas, non poderá exceder os cinco anos. Durante todo o período de vixencia poden incorporarse empresas aos lotes do SDA.
Data de primeira admisión de empresas candidatas: o 28 de xullo de 2023 o Pleno da Xunta de Contratación Centralizada acordou a primeira admisión de candidatos ao SDA 24/2022.
O 3 de febreiro de 2025 acordouse a prórroga de todos os seus lotes, ata o 5 de setembro de 2026.
Subdirección General de Contratación Centralizada de Tecnologías