Neste Portal de Contratación Centralizada poderá atopar unha exhaustiva información dirixida, fundamentalmente, a empresas e administracións públicas, en relación cos servizos e subministracións xestionados desde o sistema estatal de contratación centralizada, adscrito á Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación (DXRCC) do Ministerio de Facenda e Función Pública.
A adquisición centralizada dos servizos e subministracións instruméntase a través de acordos marco, contratos centralizados e sistemas dinámicos de adquisición. Neste Portal poderá atopar a información máis relevante de cada un deles –así, por exemplo, poderá consultar o noso Catálogo, ou acceder á ligazón referida á publicación dos contratos baseados e específicos adxudicados pola DXRCC–; tamén atopará información sobre as vías de participación no sistema estatal de contratación centralizada.