Logotipo de Ministerio de Facenda
Imagen de la Contratación Centralizada

Histórico Novidades

  • Autorización do Consello de Ministros para a celebración do AM de subministración de material de oficina non inventariable
    28/05/2016

    O Consello de Ministros autorizou a celebración dun Acordo Marco para a contratación centralizada da subministración de material de oficina non inventariable, no marco da medida CORA de impulso á contratación centralizada de bens e servizos no sector público, desenvolvida pola Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación.

    Preme aquí para ver máis información
  • Preparación do novo acordo marco de subministración de vehículos industriais comerciais. Cuestionario para asociacións e empresas do sector.
    20/04/2016

    A DGRCC está a preparar o novo AM 18/2016 da adopción de tipo para a subministración de vehículos industriais comerciais, que substituirá ao actual AM 17/2011 (Tipo I). Publícase un documento resumo dalgunhas das novidades do novo expediente, e tamén un cuestionario para solicitar a opinión das asociacións e empresas do sector sobre as cuestións que se indican no mesmo. As respostas aos cuestionarios deberán remitirse por correo electrónico á dirección sgccsos@minhap.es ata o próximo 29 de abril.

    Preme aquí para ver máis información
  • Obrigación de tramitación a través de CONECTA CENTRALIZACIÓN para entes adheridos
    16/03/2016

    A partir do 1 de xuño de 2016, estenderase a todos os entes adheridos á Central de Compras do Estado que non forman parte do sector público estatal a obrigación de tramitar as solicitudes de contratos baseados en acordos marco a través da aplicación informática CONECTA CENTRALIZACIÓN

    Preme aquí para ver máis información
  • Prórroga do AM 12/2014, de subministración de equipos audiovisuais
    26/02/2016

    Unha vez solicitados os informes e autorizacións preceptivos e fiscalizado o expediente pola Intervención Delegada, de conformidade co ordenamento xurídico, a Directora Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación resolveu prorrogar o acordo marco para a adopción de tipo das subministracións de equipos audiovisuais (AM 12/2014), coas empresas adxudicatarias do mesmo, desde o 15 de abril de 2016 ata o 14 de outubro de 2016.

    Preme aquí para ver máis información
  • Aviso importante para empresas relativo ao AM 02, de subministración de ordenadores persoais e software ofimático
    26/02/2016

    Aquelas empresas interesadas en participar neste acordo marco poderán enviar as súas propostas de mellora ata o próximo día 4 de marzo

    Preme aquí para ver máis información
  • Solicitude de propostas de mellora para o AM 02, de subministración de ordenadores persoais e software ofimático
    04/02/2016

    Aqueles organismos usuarios do actual acordo marco 02/2013 poderán enviar as súas propostas de mellora ata o próximo día 19 de febreiro

    Preme aquí para ver máis información
  • Publicación das novas instrucións para a licitación de contratos baseados dos AM 10/2012, 26/2011 e 27/2012
    04/02/2016

    Recentemente, modificáronse as instrucións para a licitación de contratos baseados nos acordos marco: 10/2012 (equipos e software de comunicacións), 26/2011 (servizos de desenvolvemento) e 27/2012 (servizos de aloxamento). Consulta as novas instrucións na ficha do acordo marco correspondente

    Preme aquí para ver máis información
  • En preparación o novo acordo marco de combustibles: Posibilidades de adhesión
    03/02/2016

    Aqueles poderes adxudicadores que estean interesados na adhesión a este novo AM de subministración de combustibles en estacións de servizo, deberán manifestalo nun prazo de 10 días naturais desde a súa publicación.

    Preme aquí para ver máis información
  • Cuestionario relativo á subministración centralizada de mobiliario
    03/02/2016

    O 6 de abril de 2015 entrou en vigor o AM 1/2014 para a subministración de mobiliario de oficina, de laboratorio e xeriátrico, que rematará en outubro deste ano. Para definir as liñas estratéxicas do próximo AM, elaboramos un cuestionario sobre diversos asuntos que afectan á formulación e mecánica deste instrumento, así como aos contratos baseados no mesmo. Se o desexa, pode remitirnos as súas respostas ata o 17 de febreiro de 2016 á dirección mobiliario.centralizado@minhap.es

    Preme aquí para ver máis información
  • Apertura de ofertas do acordo marco 26/2015 de servizos de desenvolvemento de sistemas de administración electrónica
    15/01/2016

    A apertura de ofertas terá lugar o próximo 19 de xaneiro de 2016, ás 12 p.m., no Salón de Actos da Subsecretaría do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

    Preme aquí para ver máis información