Se han publicado las instrucciones para la contratación de ordenadores personales, ordenadores portátiles y monitores a través del acuerdo marco 02/2016. A su vez, se han publicado también las plantillas para homogeneizar las ofertas por parte de los adjudicatarios y facilitar a los organismos la evaluación y la realización de las propuestas de adjudicación.
Preme aquí para ver máis informaciónEl acuerdo marco 02/2016 ha entrado en vigor el 3 de septiembre de 2018.
Publicouse unha nova versión das ferramentas do acordo marco 07/2016 de subministración de material de oficina non inventariable (versión 20180816), que incorpora diversas melloras. As ferramentas dos lotes 7, 8, 11 e 13 inclúen así mesmo a exclusión temporal acordada pola Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación da adxudicataria ALPADI, S.A. Non se admitirán novas peticións en Conecta que teñan sido confeccionadas con versións anteriores fas ferramentas.
Preme aquí para ver máis informaciónComunícase que o 8 de agosto de 2018 extinguiuse a vixencia do tipo 5 (software ofimático) do acordo marco 02/2013, para a subministración de ordenadores persoais e software ofimático, unha vez transcorrido o prazo estipulado no artigo 193.5 b) do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas aprobado polo Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, sen que fose posible a licitación do novo acordo marco que substituirá ao devandito tipo. Por parte da DXRCC estase a tramitar un novo procedemento co mesmo obxecto.
Preme aquí para ver máis informaciónAmplíase o prazo no que se admitirán propostas de adxudicación do acordo marco 02/2013 para a subministración de ordenadores persoais e software ofimático: tramitaranse as propostas que teñan entrada no sistema CONECTA con toda a súa documentación completa e correcta ata o 20 de agosto.
Dada a próxima entrada en vigor do Acordo Marco 02/2016 para a subministración de ordenadores de mesa, ordenadores portátiles e monitores, comunícase que só se tramitarán as propostas de adxudicación do Acordo Marco 02/2013 para a subministración de ordenadores persoais e software ofimático que teñan entrada no sistema CONECTA con toda a súa documentación completa e correcta ata o 31 de xullo.
O próximo 15 de agosto de 2018 prevese a entrada en vigor do novo Acordo Marco 23/2017 para a subministración de enerxía eléctrica.
Preme aquí para ver máis informaciónTras finalizar a vixencia do Acordo Marco 05/2013, os contratos de subministración de bens mencionados que establezan unha duración superior aos doce meses (como os contratos de arrendamento), precisarán da autorización prevista no artigo 4 da Orde EHA/1049/2008, de 10 de abril, de declaración de bens e servizos de contratación centralizada con carácter previo á súa contratación.
Preme aquí para ver máis informaciónO Acordo Marco 26/2015 para o desenvolvemento de Sistemas de Administración electrónica celebrouse para un período de dous anos, prorrogables por outros dous, e está vixente desde o 1 de agosto de 2016. Transcorrido o período inicial de vixencia e unha vez levada a cabo a tramitación administrativa pertinente, resolveuse prorrogar a vixencia do mesmo ata o 31 de xullo de 2020.
Preme aquí para ver máis informaciónO 9 de xullo de 2018 publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público o anuncio de licitación do novo Acordo Marco 05/2018 para a subministración de impresoras, equipos multifuncionais e escáneres.
Preme aquí para ver máis información