A través da aplicación CONECTA-CENTRALIZACIÓN é posible realizar de forma electrónica e segura as distintas xestións relacionadas coa contratación de produtos e servizos dispoñibles nos acordos marco en vigor.
Tamén, e en base ao compromiso de transparencia que adquiriu esta Dirección Xeral, é posible consultar o catálogo aberto de todos os produtos e servizos dispoñibles na Central de Compras do Estado.
CONECTA-CENTRALIZACIÓN permite realizar as seguintes xestións:
Para cidadáns/cidadás:
Consultar o catálogo aberto de produtos e servizos de contratación centralizada.
Para os organismos públicos usuarios do sistema:
Comprar produtos ou servizos.
Consultar o catálogo de produtos e servizos de contratación centralizada.
Comparar os produtos existentes.
Enviar por medio electrónico as solicitudes de produtos e servizos.
Realizar o seguimento do estado das solicitudes realizadas.
Recibir notificacións relativas ás solicitudes de produtos e servizos.
Para as empresas adxudicatarias:
Enviar por medio electrónico as propostas de actualización dos produtos ou servizos adxudicados.
Documentos:
Manuais para empresas
Manuais para organismos
Manuais técnicos
Formularios para empresas que xa son adxudicatarias do sistema
Formulario para substitución do Administrador de usuarios
Para poder substituír á persoa con rol Administrador de usuarios de empresa debe remitir, mediante rexistro electrónico a través da dirección https://Rec.RedSara.es, dirixido á Subdirección Xeral de Coordinación e Xestión Orzamentaria da D.G de Racionalización e Centralización da Contratación, o seguinte formulario asinado electronicamente polo apoderado da empresa.
Formulario sustitución da persoa con rol Administrador de usuarios de empresa.
Formulario de alta da persoa con rol de apoderado en CONECTA-CENTRALIZACIÓN
Para poder dar de alta da persoa con rol Apoderado en CONECTA-CENTRALIZACIÓN debe remitir, mediante rexistro electrónico a través da dirección https://Rec.Redsara.es, dirixido á Subdirección Xeral de Coordinación e Xestión Orzamentaria, o seguinte formulario asinado electronicamente xunto á documentación que acredite a identidade e os poderes correspondentes.
Formulario alta da persoa con rol Apoderado en CONECTA-CENTRALIZACIÓN.
CONECTA-CENTRALIZACIÓN é unha aplicación creada no ano 2002, de modo que a Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación está elaborando unha nova aplicación que permitirá ofrecer novas funcións.